Efisde Saúde

Ven o teu centro de adestramento.

Escríbenos por whatsapp ao número 669710026 ou no seguinte formulario e ven a visitarnos. Da o paso adiante para acadar a túas metas.

Sobre Nós - Efisde

Sobre Nós - Efisde

Situados na zona de Salgueiriños, ofrecémosche un espazo dedicado ao teu benestar e aos teus obxectivos.
Aquí atoparás un lugar acolledor e equipado con todo o necesario para unha práctica de exercicio eficiente, segura e motivadora.

Un espazo que se adapta a ti

Un espazo que se adapta a ti

En Efisde entendemos que cada persoa é única. Por iso as salas están equipadas con material versátil, perfecto para calquera tipo de adestramento, sexa cal sexa o teu nivel ou os teus obxectivos.
Desde exercicios de forza ata traballos de mobilidade ou resistencia, atoparás o ambiente perfecto para superarte en cada sesión.

Coñece a Jose Luis Villaverde.

Coñece a Jose Luis Villaverde.

O profesional detrás de Efisde que converterá os teus obxectivos en realidade. Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e certificado cun Máster en Profesorado en Educación Física, conta con máis de 10 anos de experiencia como educador físico deportivo. Xa sexa que busques mellorar a túa forma física, recuperarte dunha lesión ou simplemente sentirte mellor no teu día a día, en Efisde contarás co apoio dun experto que te acompañará en cada paso do camiño.

¿Por que escoller Efisde?

¿Por que escoller Efisde?

Ubicación accesible: Estamos en Salgueiriños, nunha zona tranquila e ben conectada, para que sexa fácil integrar o adestramento na túa rutina diaria.
Equipamento completo: Ofrecémosche un espazo cómodo, ben equipado e sempre preparado para axudarche a alcanzar os teus obxectivos.
Atención personalizada: Tanto nas sesións individuais como nas de grupo reducido, garantimos un trato próximo e profesional.

Visítanos e descubre como podemos axudarche a converter os teus obxectivos en realidade.

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información