Efisde Saúde

O teu nivel, o teu ritmo, as túas metas.

Esquece os adestramentos xenéricos e as clases en grupo. En Efisde traballamos contigo para entender o teu punto de partida, deseñar un plan que se adapte á túa vida e celebrar cada logro ao longo do camiño.

Centro de Adestramento Personalizado en Santiago de C.

Centro de Adestramento Personalizado en Santiago de C.

Non se trata de adestrar máis, senón de adestrar mellor.

Non importa se comezas de cero ou xa es un atleta experimentado, cada sesión está deseñada para axudarche a alcanzar as túas metas. Ofrecémosche adestramentos individuais ou individualizados en grupos moi reducidos, garantindo que o adestrador poida prestarche a atención que necesitas

Descubre unha nova forma de coidarte


Adestramentos individualizados

Sesións 100% personalizadas para acadar os teus obxectivos. 

Amplitude horaria

Poderás elexir horario de mañá ou ben pola tarde.

Seguimento constante

Cada paso que dás está monitorizado para maximizar os resultados.

Coidar o teu corpo non é un luxo, é un investimento no teu benestar

Por que confiar en Efisde?

Por que confiar en Efisde?

O teu adestrador non só é titulado en Educación Física Deportiva, senón que tamén conta con máis de 10 anos de experiencia axudando a persoas coma ti a mellorar o seu benestar e rendemento. Cada plan está avalado polo seu coñecemento profesional, ofrecendo unha guía segura e eficaz.

O espazo que precisas para avanzar

O espazo que precisas para avanzar

O noso centro está deseñado para que sintas comodidade e motivación desde o primeiro momento. Aquí non hai masificacións, só un ambiente acolledor onde adestrar a gusto. Ven e descobre como acadar as túas metas pode ser tamén unha experiencia agradable e inspiradora.

Resultados que cambian a túa vida.

Resultados que cambian a túa vida.

Xa sexa que queiras perder peso, gañar forza, recuperarte dunha lesión ou simplemente sentirte mellor co teu corpo, estamos aquí para axudarche. Cada paso está guiado para que non volvas a sentir que perdes o tempo.

Reserva a túa primeira sesión e dá o primeiro paso cara a túa mellor versión.

Comeza hoxe e sinte a diferenza

Digitalizadores

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información